Joomla project supported by everest poker review.
 
Grecia, un museo vivente.
Cómo manter vivo un patrimonio folclórico.
O Correo da Unesco, 02/1996, pp 34-35.
 

   O Teatro de Danza Grega Dora Stratou, situado a ceo aberto no medio do piñeiral que cobre as encostas do monte Filópapos, fronte á Acrópole de Atenas, é hoxe en día case tan famoso coma a súa prestixiosa vecina. Fundado en 1953, este museo vivente da danza grega é ó mesmo tempo un conservatorio, un teatro, un insti­tuto de investigación, unha escola e, por suposto, un grupo de danza folclòrica.

   Esta institución, única no seu xénero, emprega un método orixinal para o recrutamento dos seus bailarías. Tódolos anos, no mes de xaneiro, chegan candida­tos de toda Grécia para participar, cos mais experimentados da compañía, en ensaios que duran uns tres meses, tempo necesario para descartar aqueles aspirantes que non acadaron o nivel esixido. Tras esta primeira selección, quedan tan só uns trinta candida­tos, entre os que serán elixidos os novos bailaríns antes do comezo das representacións en maio.

   Unha vez admitidos, os bailaríns deben traballar tres horas diarias (ensaios e espectá­culos incluídos), os sete días da semana, durante os cinco meses da estación estival. A súa dedicación ó traballo non está motivada pola modesta remuneración que perciben para cubri-los seus gastos mais indispensables, senón por un auténtico amor á arte.

   Cando o Teatro decide incluir no seu programa as danzas e os cantos dunha illa ou dunha aldea en particular, un equipo de especialistas desprázase ó lugar, co fin de recoller información sobre ahistoria e as tradicións locáis. Mais tarde un grupo do Teatro, ó que habitualmente se incorpo­ran algúns bailaríns, pasa uns días na aldea para tomar contacto cos habitantes e estudia-la súa cultura. Entrevistan os vellos, anímanos para que interpreten a súa músi­ca e as súas danzas tradicionais, realizan gravacións e, por último, trasladan toda esa documentación a Atenas, onde músicos e bailaríns se dedicarán a estudiala.

   A continuación o Teatro convida un grupo reducido de habitantes da aldea para que viaxen á capital. Toda a compañía toca e baila con eles; isto permite que cada un se poida impregnar das peculiaridades dos diferentes estilos. Os visitantes séntense orgullosos de actuar durante un certo tempo como embaixadores da súa cultura local. Ó mesmo tempo, tamén se estimula a súa vontade de perpetuar esas tradicións na súa propia comunidade. Na actualidade, o grupo de danza do Teatro inclue no seu repertório danzas c cantos dunhas oitenta aldeas e tódolos anos se enriquece côa incorporación de manifestacións artísticas dun ou de dous mais.

   O mesmo método é utilizado tamén para a música. Concédeselle unha atención particular á especificidade do estilo vocal e da interpretación de cada aldea, así como ós instrumentos. A compañía conta con dous cantantes e con quince intérpretes de música tradicional titulares que participan diariamente nos ensaios e nos espectácu­los. Nunca se baila con música gravada, co fin de preserva-la relación persoal que exis­te entre bailaríns e músicos, que é unha das características da cultura popular tradicio­nal.

   Tamén se lle atribúe unha gran impor­tancia á vestimenta. O Teatro posúc unha das principais colcccións do país de traxcs tradicionais gregos: 2.500 segundo o últi­mo inventario; a metade deles ten entre cincuenta e cen anos de antiguidade. Como xa non é posible encontrar estes traxes no comercio, hai que mercárllelosós aldeáns ou fabricalos de acordo cos métodos tradicionais de tecido, tintura c bordado.

   Na súa faceta de conservatorio e centro de arte popular, unha das principais acti­vidades do Teatro consiste en realizar cur­sos de danza para afeccionados, para profesionais e mesmo para nenos. Tódalas fins de semana se organizan obradoiros nos que os alumnos poden interpretar, vestidos con traxes tradicionais, bailes c músicas dunha determinada rexión de Grecia. Tamén se realizan cursos de verán para profesores estranxeiros que desexen integra-los bailes folclóricos gregos nos seus programas de ensino. Un medio excelente de asegura-la perennidade desta cultura en todo o mundo.

   Por último, o Teatro de Danza Grega funciona tamén como unha empresa de gravación e edición. O seu catálogo conta, polo de agora, con 45 discos e casetes e con numerosos libros etnográficos centrados en diversos aspectos da danza, a música e os traxes gregos.

                                                                               Alkis Raftis

Alkis Raftis sociòlogo grego, é presidente do Teatro de Danza Grega Dora Stratou,

en Atenas, e membro do Consello Internacional da Danza. É autor de varias obras sobre

temasda súa especialidade,en particular The Worldof Greek Dance, (1987), O universo da

danza grega).

RatisA01Galician site

 

RatisA01Galician site1

 

RatisA01Galician site2

Saturday the 21st. Alkis Raftis Personal website.