Joomla project supported by everest poker review.

 

 

O Consello Internacional Da Danza (CID).
O Correo da Unesco, 02/1996, p 35.
 

   A danza é unha maneira de existir, escribe o filósofo Roger Garaudy. Ó evolucionar co seu tempo e se impregnar do maior número posible de culturas, a danza logra expresa--la vida en toda a súa riqueza e diversidade. Estudia-la arte coreográfica de culturas diferentes á nosa non significa copiar mecanicamente os xestos duns e doutros, senon enriquece-la finguaxe da danza co fin de prepara-lo corpo para que traduza en movementos, mediante novos interrogantes e novas respostas, a nosa relación co mundo.

   Seguindo esta concepción da danza, como arte total e linguaxe universal, o Consello Internacional da Danza, que foi creado en 1973 baixo os auspicios da UNESCO, definiu as súas metas principais. A finalidade do Consello é impulsa-la danza en tódalas súas formas, lottando por salvagardala como patrimonio inmaterial, estimulando a creación e a investigación coreográfica e coreolóxica e propiciando a súa integración na educación xeral. En colaboración coa UNESCO, fomenta a creación de centros de documentación especializados, a constitución de comités nacionais, a organización de congresos, festivais e concursos e a formación de creadores e intérpretes.

CID, UNESCO, 1, rue Miollls, 75015 Paris 15, Francia

Tel.: +33 1 4568 2553, Fax +33 1 4306 8798.

Saturday the 21st. Alkis Raftis Personal website.